CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Corcubión, elegancia mariñeira

31/03/2019 15:40 h

Cada ribeira de salitre, cada porto, ten unha personalidade distinta, e se pensamos nunha palabra que defina cada personalidade, a palabra para o porto ao que nos diriximos hoxe, esta será elegancia. O porto de Corcubión. Para nos a elegancia e un atributo do carácter das persoas. E este carácter elegante é o elemento distintivo do porto de Corcubión.

Ao sur da Costa da Morte temos a Ría de Corcubión, e no porto que da nome á ría atopamos unha vizosa actividade pesqueira e de marisqueo. A súa confraría conta con setenta e un asociados, que se dedican ao marisqueo, mergullo, nasa e palangrillo. Saímos ao mar con MIGUEL SUAREZ, traballa na ría indo á nasa do polbo. Tardou en facerse mariñeiro, antes tivo traballos en terra, pero agora ten xa un barco con seis homes traballando co el. Vai a diferente oficios pero o que máis lle gusta traballar é a nasa do polbo, porque foi con este oficio co que empezou a aprender a ser mariñeiro. Desprenden elegancia sempre as mariscadoras, as que manteñen esa actitude elegante nas zonas marisqueiras, no transcurso do seu traballo.

Así que temos que estar con elas. Elas pronuncian palabras como amencer, liberdade, amor… Este é un oficio para mulleres especias, pero ao fin e ao cabo mulleres traballadoras, moi traballadoras. E mariscadora é OLIMPIA LOUZÁN, ven de familia mariñeira na súa casa todos traballan o mar. Cóntanos que esta é unha zona de marisqueo na que a ameixa necesita unha depuración especial. Polo que toda a ameixa que capturan teñen que enviala a Ferrol onde é depurada e logo volve a Corcubión para poder ser vendida na lonxa. JOSE DOMINGUEZ. José Dominguez foi patrón maior durante vinte e oito anos, o patrón que máis anos ten aguantado no cargo. Agora xa está retirado, e traballou fundamentalmente as arte da nasa e o palangrillo. Pero segue vencellado ao mar porque continua como armador do seu barco. Aquí ata o peixe ten un aquel de elegancia, e para comprobalo diríxome ao restaurantepeixería, “Mar Viva”. Emprazado nunha das moitas casas fermosas de Corcubión, no seu casco histórico. Este local destaca pola calidade dos seus peixe, un verdadeiro espectáculo velos no mostrador da peixería. A xente que aquí ven comer, escolle ela mesma que pezas queren que se lles prepare. HENRIQUE COO é o propietario, el foi transportista de peixe en Muxía, e mariñeiro en Fisterra. Hoxe vainos preparar unha berberechos salteados.

A actuación musical corre a cago das pandeireteiras “AS RINCHONAS DE CORCUBIÓN”. E a súa música ven con alento ancestral na voz, porque o seu nome é unha homenaxe a unhas mulleres que facían música en Corcubión nos anos corenta do século pasado, e que como un canto telúrico, un aturuxo, berraban nas súas canción “hai Rinchonas” Nesta lonxa é onde maior volume de polbo se move ao longo do ano de todas as lonxas da provincia da Coruña, e isto é moi importante.

DIEGO LOJO traballa de lonxero e cóntanos que a esta lonxa veñen vender lanchas de outros moitos portos, como Fisterra ou Muxía, porque aquí teñen un sistema de poxa, polo que faise unha soa poxa a semana e o polbo mantén ese prezo todos os días. JOSE LÓPEZ “OLAJARIO”, é un home dos que saben de mar, un deses vellos patróns de pesca que a partir do esforzo e o traballo, e dos golpes de mar, foron adquirindo un coñecemento profundo do seu oficio, e tamén, e pode que sobre todo, a partir de saber entender o mar, comprendelo, de poder descifrar a súa linguaxe. El coñece a costa galega, pode que como ningún outro home de mar. ë sen dúbida unha lenda viva na cultura mariñeira de Galicia. E con el imos repasar a súa vida no mar.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: