CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Rianxo

03/04/2016 15:30 h

Trátase dunha zona cunha longa tradición mariñeira, onde están rexistradas 200 embarcacións e traballan 578 mariñeiros e 145 mariscadoras.
O programa comezará precisamente na zona marisqueira, onde irá para falar con Carmen Triñanes, Arancha Abuín e Carmen Ordóñez sobre o seu oficio. Pola súa parte, o bateeiro Ramón Vicente amosará o traballo de encordar a cría, é dicir, como se fai para que a cría do mexillón quede agarrada ás cordas das bateas.
A conserva foi unha industria fundamental nos portos galegos ata o terceiro cuarto do século pasado e en Rianxo segue a ter unha gran relevancia. Eva Lesende, traballadora dunha das conserveiras desta ribeira, falará de toda unha vida vinculada a este traballo, que no seu caso segue a ser moi artesanal.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: