CRTVG

Buscar

Especial

Resurrection Fest 2017

11/07/2017 23:59 h

O Resurrection Fest, cita internacional de música hardcore, punk, metal e rock, que se celebra desde hai 12 anos en Viveiro, rexistrou unha nova cifra récord este ano con máis de 86.000 asistentes que pasaron polo recinto situado na vila de Celeiro, desde o pasado mércores ata o sábado.

O especial que ofrece a TVG amosa en 25 minutos o que aconteceu a pasada semana nunha festa que parece non ter límite. A XII edición alcanzou as mesmas metas de anos anteriores: todos os abonos vendidos, por segundo ano consecutivo.

O xoves, co recinto xa a pleno rendemento, os norteamericanos Rede Fang eran uns dos grandes esperados. Os de Oregón fixeron cabalgar o seu stoner sobre o “desert stage”, unha das principais novidades deste ano no festival.

As estrelas incuestionables da xornada do venres foron Rammstein. Había meses que se especulaba con como sería o seu espectáculo de lume e pirotecnia en Galicia e o resultado provocou opinións para todos os gustos, aínda que co sentir maioritario de que houbo un verdadeiro show.

O sábado as forzas comezaban a decaer, pero os galegos Mutant tiñan ganas de rock and roll. O punk de Rancid boutoulle o peche á décimo segunda edición do Resurrection Fest.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: