Reporteiros
Relatos da emigración en Suíza / 30 anos da Lei de Normalización Lingüística
Reporteiros frece un documento especial sobre os 30 anos da Lei de Normalización Lingüística, que o Parlamento galego aprobou o 15 de xuño de 1983. Todos os que participaron naquel proceso coinciden en cualificalo dun feito histórico acaecido nos anos de reivindicación e de loita pola autonomía de Galicia.
Outra reportaxe aborda o límite que establecerá Suíza ao acceso de traballadores estranxeiros nas súas fronteiras. Hai 50 anos que este país abriu a súas fronteiras á emigración. Milleiros de galegos marcharon en busca dunha vida mellor. A maioría volveron e outros volven marchar, demostrando que a emigración é sempre un camiño de ida e volta. De momento, a limitación non lles afecta maioritariamente, pero preocupa o feito de que ese país amplíe as súas restricións para evitar a afluencia de cidadáns europeos afectados pola crise.