CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Repaso ao ano literario: entrevista ao crítico e escritor Ramón Nicolás

18/12/2016 00:30 h

O 150 aniversario do nacemento de Valle-Inclán e o centenario do de Camilo José Cela son algúns dos argumentos que aborda Tino Santiago na conversa que mantén co escritor e crítico literario  Ramón Nicolás con motivo do ano que remata e que serviu para lembrar a obra destes dous grandes galegos. Asemade dá tempo por suposto a deterse no ano das Letras en recordo a Manuel María e por último non esquecer que este ano Galicia perdeu dúas outras grandes figuras das súas letras: Agustín Fernández Paz e Xosé Neira Vilas.

Na área cinéfila Ángel Suances e Moncho Lemos tratan dos guións de películas estadounidenses que están en carteleira estes días como “Paterson” e “Arrival”, e analizan o documental “Esquece Monelos”, de Ángeles Huerta, baseado na historia viva do que noutrora fora un río coruñés e da memoria que del teñen aínda os máis maiores.

Por último, música para rematar este que é o derradeiro “ZigZag-Eirado” do ano 2016. Contamos con “Clave de Fado”, un grupo sustentado na maxia vocal de súa voz feminina, Iría Estévez, que tanto canta en castelán como en galego ou portugués.

Atopar capítulo por: