CRTVG

Buscar

Luar

Raphael, Merche e Agoraphobia

10/11/2017 22:00 h

“Luar” recibe a Raphael, que se encontra en Galicia dentro da súa xira “Loco por cantar”. No programa interpreta algúns dos seus temas máis coñecidos como “Mi gran noche” ou “Gracias a la vida”. 

Ao escenario tamén soben Merche, que tras 15 anos de carreira a súas costas comeza unha nova etapa co seu oitavo álbume “De otra manera”; e o grupo galego Agoraphobia, composto por cinco mulleres de Boiro, que presentan o seu disco “Incoming noise”.

As actuacións complétanse co Grupo de Gaitas e Danzas Airoños de Arnoia, a Asociación Cultural Xacarandaina, o grupo Zapogneria FiumeRapido, a Coral Brisas do Mar, o grupo Os d’Abaixo e a orquestra La Ocaband.

No concurso “Recantos”, enfróntanse Marc Alonso, procedente de Bergantiños, e Sabela Rodríguez, representante de Ourense Oriental. 

Atopar capítulo por: