CRTVG

Buscar

Alalá

Rancho de Reis de Riofrío (Nadal II)

05/01/2009 22:05 h

Que son os Ranchos de Reis? Pois nada menos que unha marabillosa danza que se mantén viva desde nin se sabe cando e que se transmite de xeración en xeración. Neste lugar a tradición son os pasos de castañolas, de paos e de arcos e tódolos anos é día da Epifanía, e dicir, o día 6 de xaneiro pola mañá, os danzantes bailan na honra da Virxe do Leite.

Neste Alalá, especial de Reis, saberemos do traballo que todos os veciños de Riofrío fan durante todo o ano para que neste día todo saia á perfección. Coñeceremos a familias, como a dos Vilas, que levan máis de cen anos pateando co Rancho. Tamén coñeceremos algunha tradición que se perdeu como a de ir polas portas “ a cantar os Reis” e que agora están intentando recuperar. Aquela historia de chamar ás portas, ofrecer o canto e o baile e pedir a cambio algo para recuperar forzas: pan, viño, chourizos… Todo é benvido para seguir percorrendo casas. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: