CRTVG

Buscar

Destino Santiago

Quinta semana. De León a Vilafranca do Bierzo

22/04/2017 13:00 h

O programa resume os mellores momentos das etapas entre León e Vilafranca do Bierzo, a piques da chegada a Galicia. Durante estes días os protagonistas gozaron de visitas sorpresas e encontros inesperados, como o de Isi, humorista e colaborador do programa “Con amor e compañía”. Ademais, Tonhito de Poi reencontrouse coas súas sobriñas, ás que lle dedican a despedida de emisión todos os días, e Lucía Pérez foi sorprendida coa aparición da súa nai e o seu irmán na última das etapas da comunidade de Castela e León. 
Os espectadores poden seguir en streaming a aventura dos peregrinos, en directo e de 8.00 a 20.00h., a través da web www.destinosantiagotvg.gal. Ademais, os fans deste proxecto poden interactuar nas redes sociais, empregando o cancelo #destinoSTGO e os perfís de Twitter, Instagram e Facebook “Destinostgo”. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: