Que casas!
Quico Jorreto / Raquel Domínguez / Verónica Calvete / José Otero Pombo
Desde a costa ao interior, “Qué Casas!” visitará vivendas espectaculares e coñecerá un pouco máis o xeito de viviren dos galegos. Cámara en man, o programa achegarase aos habitantes das casas con naturalidade e espontaneidade, permitíndolles aos espectadores entrar nas vidas de xente real que vive en lugares reais.
Neste primeiro programa, visitamos a casa do arquitecto ourensán Quico Jorreto, unha fascinante construción sobre o río Miño. “Que Casas!” tamén visita o fogar da coruñesa Verónica Calvete, que, despois de participar nun coñecido reality, abre as portas da súa espléndida vivenda para o equipo do programa. Outro dos protagonistas deste arranque de temporada é o construtor compostelán José Otero Pombo, que amosa a súa casa ás beiras do río Sarela. Desprazándose a Ferrol, Carballedo, Vigo e Trazo, o novo programa da TVG completa un total de sete casas moi diferentes entre elas.