CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Quen é quen na semana da Paixón

26/03/2018 23:45 h

A emoción desbordada das procesións andaluzas é unha das imaxes máis coñecidas da Semana Santa. En Galicia estes días vívense con certas semellanzas, pero con moitas tradicións propias, algunhas ben curiosas. O programa indaga na Semana Santa galega: quen se encarga da posta a punto do vestiario? Quen conserva as imaxes que saen en procesión? Como son os veciños que participan nas escenificacións? 

Para atopar a resposta a estas preguntas, “Vivir Aquí” visita Viveiro, Cangas, Lugo e Meis. Ademais, os reporteiros do programa fala cun antropólogo dalgunhas das celebracións máis coñecidas e curiosas destes días.

 

 

 

 

Atopar capítulo por: