CRTVG

Buscar

Todo queda na casa

Programa 9: Puri / Manuela

07/06/2014 15:30 h

 Isi chama á porta de Puri, xusto no momento en que a rapaza estaba a almorzar no piso que comparte co seu mozo Pablo en Brión. E un apartamento cheo de colorido e con aparellos de ximnasia cos que Isi trata de baixar bandullo. Puri xoga o concurso con astucia para levar os máximos cartos posibles.
 
 A xornada continúa no concello de Cangas, na parroquia de O Hío, onde damos cunha das máis graciosas concursantes que ten coñecido o programa. Manuela demostra a esencia das mulleres do Morrazo, botadas para adiante e sempre con garra e sentido do humor, con máis motivo cando “Todo Queda na Casa”.

Atopar capítulo por: