CRTVG

Buscar

Alalá

Pumarín

14/04/2009 22:05 h

As cousas que Pumarín aprendeu na vida non as aprendeu na escola, un luxo escaso nos Ancares dos anos 30. O que sabe da vida, sábeo de mirar e de facer, por iso se dedicou a crear cousas coas mans. Coa madeira fixo estruturas, colmeas, obxectos... a habilidade serviulle para gañar a vida como albanel, cesteiro... sabe cazar con escopeta e sen ela, porque nos tempos difíciles utilizou o lazo, as gaiolas etc...

As mesmas mans que lle valeron para coñecer e crear servíronlle para ser un músico portador dunha antiga tradición de gaiteiros da zona do sur dos Ancares, en Becerreá. Pumarín traballa para entreterse: os tempos máis duros quedaron atrás.

Na casa xa non rexenta a famosa tasca que durante moitos anos foi o centro de diversión de Quindous e outras parroquias de Cervantes ou Becerreá. Agora Pumarín vive tranquilo con Nieves, o amor da súa vida e na casa que el mesmo construíu coas súas propias mans...

Do gaiteiro Pumarín apréndese o toque tranquilo, pechado e reflexivo dos gaiteiros dos Ancares. O son rudo e melancólico dese lugar máxico. O repertorio vello do tempo no que a gaita era o centro da festa e o gaiteiro a figura do baile.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: