CRTVG

Buscar

Vivir aquí

Pulmóns verdes

30/05/2015 15:30 h

O programa “Vivir Aquí” visitará e coñecerá hoxe as características dos “pulmóns verdes” de Galicia. Na nosa comunidade tocamos a algo máis de 800 árbores por persoa. Isto quere dicir que en total hai 1.625 millóns de especies arbóreas no país. Son datos estatísticos oficiais que poñen de manifesto a nosa condición de zona verde.

Pero non todo son espazos naturais e bosques senlleiros, xa que practicamente todas as vilas e cidades dispoñen dun “pulmón verde” de referencia que lles serve aos cidadáns para pasear, facer deporte ou simplemente respirar aire limpo. Algúns destes exemplos, que esta tarde amosará o espazo da TVG, son a Alameda de Santiago, o parque municipal Raíña Sofía de Ferrol, o parque de Castrelos, en Vigo, as beiras do Miño ao seu paso por Ourense, e o xardín Rosalía de Castro da Coruña.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: