CRTVG

Buscar

Alalá

Proxecto Ronsel

27/10/2009 22:05 h

No percorrido que levamos feito en Alalá descubrimos que houbo un tempo no que as aldeas galegas estaban vivas: había xente, traballábase na terra ou no mar, cantábase e bailábase, facíanse regueifas, os nenos xogaban con trompos e billardas e aprendían os oficios dos maiores, os afiadores, capadores e todo tipo de artesán comerciaban polas portas...

Daquela a Universidade era a vida mesma pero había un montón de catedráticos. Agora imaxinade que se puidese recuperar todo iso, pero non para metelo todo nun museo, senón para vivilo de novo... Pois resulta que un grupo de investigadores, co apoio das institucións e dun montón de asociacións, traballan nun proxecto que pretende precisamente iso: salvagardar e reactivar todo ese coñecemento que había nas aldeas, o que se chama patrimonio cultural inmaterial. Leva por nome Proxecto Ronsel.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: