CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Festival Novos Cinemas, Premios María Luz Morales e Pablo Hernando

22/06/2017 21:00 h

Pontevedra acolle o Festival Novos Cinemas, certame cinematográfico internacional, que conta cunha sección oficial para óperas primas. O 27 de xuño arranca a súa segunda edición e “ZigZag Diario” amosará aos espectadores un reportaxe deste evento e contará coa visita de Ángel Santos, o seu director artístico, que explicará como se vai desenvolver esta cita para os amantes do cinema. 
O espazo da tvG2 tamén falará dos Premios María Luz Morales de investigación audiovisual e que foi creado para recoñecer e incentivar traballos xornalísticos que reflexionan desde o compromiso e o rigor analítico sobre o papel da muller no mundo actual.
Ademais, o programa cultural emitirá unha reportaxe sobre o director Pablo Hernando, un novo cineasta que escribiu e dirixiu varias curtametraxes, como “Efecto Kuleshov: Segundo experimento”, “Agustín do futuro” e “Magia”, e dúas longametraxes: “Cabás” e “Berserker”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: