CRTVG

Buscar

Xente marabillosa

Rivalidade no deporte: Cos xornalistas deportivos Terio Carrera e Carlos Macía

21/05/2023 22:50 h

'Xente marabillosa' dedica este programa a unha problemática que leva décadas afectando o deporte e especialmente o fútbol: a violencia derivada da rivalidade mal entendida. Para coñecer máis a fondo esta realidade, estrearase unha cámara oculta que recrea as tensións vividas durante anos entre os dous equipos protagonistas do gran “derby galego”: Deportivo da Coruña e Celta de Vigo.

Na situación recreada, un mozo seareiro do club vigués e residente na Coruña queda coa súa moza para tomar algo nun bar mentres ven o partido, pero un camareiro seguidor do equipo rival e pouco amigo das boas maneiras acosarao e insultarao ata o punto de facerlle quitar a súa camisola.

Haberá algún galego ou galega marabillosa que poña freo aos insultos e á pésima actitude do camareiro e saia en defensa do seguidor celeste?

Atopar capítulo por: