CRTVG

Buscar

Xente con oficio

Constructores de barcos de madeira

15/09/2018 20:00 h

As formas de madeira son o resultado de anos de investigación. Antigamente, un patrón podía saber de que mestre carpinteiro de ribeira era un barco só polo seu navegar.  Como poderán comprobar os espectadores de “Xente con Oficio”, todo ese coñecemento aínda persiste grazas ao labor duns poucos valentes que se esforzan en mantelo a flote.  
No estaleiro de Xerardo Triñanes, o programa coñecerá as particularidades deste oficio tan antigo. Cun xiro de temón, “Xente con Oficio” irá ata Marín, onde estuda Óscar, un mozo asturiano moi simpático, para cumprir o seu soño algún día: construír barcos de madeira. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: