CRTVG

Buscar

Voga voga mariñeiro

O campión da I edición de "Voga voga mariñeiro" é ...

22/10/2014 00:30 h

Chegou o día da gran final no programa “Voga Voga Mariñeiro”, un reality show que durante os últimos meses meteu nunha embarcación de vela de 17 metros de eslora un grupo de persoas sen coñecementos previos de navegación, que tiveron que demostrar a súa capacidade de aprendizaxe percorrendo toda a costa galega, desde Ribadeo ata Baiona.

Ante a hora da verdade, os nervios están a flor de pel. Só tres dos concursantes teñen opcións de gañar o concurso. Quen serán os máis capacitados? Ninguén quere saltar do barco, pero é inevitable: dous deles serán eliminados. Así pois, despois de 12 programas, os espectadores saberán quen é o campión da primeira edición de “Voga Voga Mariñeiro”.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: