CRTVG

Buscar

Vidas de pazo

Pazo de Mirapeixe / Pazo de Andeade / Pazo dos Feixóo / Pazo Quiñones de León

23/03/2013

No municipio lucense de Castro de Rei, visitamos o pazo de Mirapeixe, onde Eduardo Pardo de Guevara y Valdés explica polo miúdo moitos dos cadros, mobles e obxectos persoais que se conservan no edificio e que foron pasando de xeración en xeración.

 No concello coruñés de Touro, coñecemos o pazo de Andeade, cuxas estancias foron utilizadas para rodar a película “A lingua das bolboretas”, de José Luis Cuerda. Hoxe en día ten unha parte dedicada á residencia familiar dos seus propietarios e outra destinada á actividade hoteleira. Benito Vázquez Permuy e a súa filla, Elena Vázquez López, amosan todos os recunchos dun pazo en que se fixeron diversas reformas.

En Boborás, Ourense, Concepción Iglesias Lorenzo fala das particularidades máis salientables do pazo dos Feixóo, que foi comprado por o seu irmán José, emigrante en Venezuela, para rehabilitalo.

Visitamos o pazo Quiñones de León, que alberga na actualidade o Museo Municipal de Vigo, en compañía de Ignacio Pérez-Blanco y Pernas, marqués de Valladares, e de José Ballesta de Diego, director do devandito museo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: