CRTVG

Buscar

Vaia troula express

Vaia troula expres (14/09/2012)

14/09/2012 19:30 h

A edición diaria de “Vaia troula express” despídese dos espectadores ata unha nova tempada. Pero nesta despedida a festa e a troula están máis presentes ca nunca. A reporteira Alicia Lombán non quere perder o Feirón Mariñeiro das festas da Virxe de Guadalupe de Rianxo.

Outros festas ata as que se achegan os reporteiros son as da Barquiña de Ponteceso, as patronais de porto do Son, a XXV edición do patín Classic Pro de valdoviño, a gran mexilloada de Porzomillos en Oza dos Ríos e as festas do Divino Ecce Homo de Bóveda.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: