CRTVG

Buscar

Vaia troula

Desde as Festas do Monte da Guarda

13/08/2017 22:30 h

A presentadora Nieves Rodríguez estará no concello pontevedrés de A Guarda, onde celebran as Festas do Monte. Un dos días máis agardados é o do desfile de grupos folclóricos e bandas mariñeiras, en que milleiros de persoas saen as rúas desta vila para tocar o bombo con todas as súas forzas. 
Pola súa banda, a reporteira Ariadna Leis irá ata o concello de Foz para vivir a emocionante festa de San Lourenzo. Ademais, Belén Vara achegarase ata Escairón, no concello do Saviñao, alí celebran, un ano máis, a súa tradicional carreira de burros, que sempre vai acompañada de xogos populares e boa comida para todos os asistentes. E Antía Muíños viaxará a Cervo para vivir en primeira persoa a noite de Maruxaina, unha orixinal festa de interese turístico na que recrean o rapto dunha serea por parte dos mariñeiros. 
As cámaras de "Vaia Troula" tamén estarán presentes na festa do emigrante de Vila de Cruces, na romaría campestre de Neixón-Cespón, no concello de Boiro,  na exaltación do pan do Salnés de Ribadumia, e nas festas de Agolada. A gran cea popular de Santa María de Vigo, en Cambre, as festas de Laraxe, en Cabanas, e a festa do mexillón e o berberecho de Vilanova de Arousa completan o menú trouleiro do programa deste domingo. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: