CRTVG

Buscar

Un día de Nadal

Unha Noite de Nadal 2014

24/12/2014 22:00 h

Preparamos a cea con Roberto Vilar, Xosé A. Touriñán, Lucía Regueiro, Marga Pazos, Diego Viaño e a larpeira Lola.

Lola, unha das protagonistas do programa Larpeiros, decide preparar unha velada da que participarán outras cinco persoas, que serán os humoristas Roberto Vilar e Xosé A. Touriñán, a actriz Lucía Regueiro e os presentadores da Televisión de Galicia Marga Pazos e Diego Viaño. Cada un deles será o encargado de levar ou preparar unha parte da cea.

Na preparación do menú, os protagonistas de Unha Noite de Nadal buscarán algo rico e diferentepara compartir cos outros e grazas a iso os espectadores coñecerán aspectos moi diferenciados da gastronomía galega.

O primeiro prato estará no restaurante dalgún dos cociñeiros galegos máis recoñecidos, que preparará algunha das súas especialidades. Nunha comida especial non pode faltar un pouco de marisco e por iso o programa especial da TVG irá mercalo a unha tenda de confianza, onde os protagonistas atoparán unha selección do mellor marisco das nosas rías.

O prato principal será unha receita de toda a vida, como, por exemplo, un bacallau, un cordeiro ou un capón, preparada como se fixo sempre, con calma e unha boa conversa. A sobremesa buscarase na cociña máis tradicional, aquela que facían as nosas avoas, tías ou nais. Unha desas grandes cociñeiras preparará unha lambetada chea de sabedoría e tradición. Finalmente, un dos protagonistas irá a onde a repostaría é arte desde hai séculos, os conventos e mosteiros, para preparar un doce moi sinxelo e moi rico.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: