Na montaña galega, Alfonso Tellado busca lerias no Courel con Javier, un guía perfecto para a viaxe porque coñece a serra coma a súa casa.
Podemos ver como se traballaba a castaña en tempos pasados, probar os licores caseiros de Xan, na aldea de Vilar, e explorar o magnífico souto de Parada. Ademais, vemos como se elabora a famosa torta de castañas do Courel e coñecemos unha familia que cambiou Barcelona pola montaña.
Valoración
