CRTVG

Buscar

Toc toc, con permiso

Manuel Millán / María Mera

14/01/2014 00:15 h

Os actores da serie da Televisión de Galicia “O Faro” Manuel Millán e María Mera serán hoxe os protagonistas do programa “Toc-toc, con permiso”, que ofrecerá dúas olladas distintas sobre unha profesión feita dos sentimentos, que Manuel e María compartirán sen censuras cos espectadores da Galega. 

Manuel Millán é un actor co físico feito á medida de personaxes tímidos e un tanto apoucados. Sacerdotes e gardas civís están entre as súas especialidades, aínda que a autoridade non vai con el. Porque Manu é un rapaz grande nun corpo pequeno que chegou a pai dunha nena á que adora. Polo camiño, a saltos entre Madrid e Vilagarcía de Arousa, Manuel presentará, na compaña dos vellos amigos, unha vida construída arredor dun oficio do que goza.  

Pola súa parte, María Mera atesoura unha das miradas máis atractivas da pantalla galega. Pero tras a súa imaxe de muller fatal descóbrese unha rapaza de aldea que non dubida en baixar o lombo, poñer o pucho e vendimar con toda a familia. Porque María é unha muller de familia que confía na súa nai máis ca en ningún outro estilista. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: