CRTVG

Buscar

Ti que tocas?

María, Manuel e Inés

16/02/2014 11:00 h

A Televisión de Galicia trae este domingo unha nova entrega do programa sobre os músicos emerxentes de Galicia, “Ti que tocas?”, en que os espectadores poden coñecer as historias persoais dos membros de agrupacións musicais afeccionadas ou semiprofesionais e do traballo que lles costa compatibilizalo coas súas vidas.

Unha das protagonistas de hoxe será María, unha xubilada compostelá que aprendeu a cantar mentres facía costura. Agora, na Coral de Oca están ensaiando o vindeiro concerto que interpretarán a capela e no que María terá que facer un papel moi especial para ela.

Os espectadores tamén poderán coñecer a Manuel, un técnico de electrónica cuxa verdadeira paixón é o trombón de varas. Xunto ao curioso e sorprendente grupo A Magnifique Band dos Homes sen Medo, presentarase no festival Música na Noite.

Pola súa parte, Inés, unha moza de Ames, é mestra de música, pero esta apaixonada pola música tradicional tamén se ocupa de dirixir o coro parroquial. “Ti que tocas?” escoitaraa coas súas “Maianas” na sardiñada de San Xoanciño.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: