CRTVG

Buscar

Terra de Miranda

Capítulo 60: Cuestión de caracter

16/05/2014 11:00 h

Suso, no seu intento por demostrar que ten autonomía nas súas decisións, decide cambiar de empresa leiteira a unha que ofrece mellores prezos pero non máis garantías, a pesar da oposición de Carmela. Suso non da o brazo a torcer para que non pensen que gobernan nel Antón e Carmela. Finxir que é un home con moito carácter, pode levar á ruina tanto a súa reputación coma á cooperativa.

Silvino recibe a nova de que Lupita irá a Miranda, polo que comeza unha operación dirixida por Alfonso e Carmela para convertelo nun auténtico "cabaleiro", o cabaleiro que vai namorar a Lupita. Empezando pola casa e rematando pola súa vestimenta e os seus modais, Alfonso deixará a Silvino feito un auténtico pincel.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: