CRTVG

Buscar

Somos ben curiosos

O tempo de lecer

23/04/2015 23:30 h

Ao programa tócalle hoxe botar un pouco de luz sobre que é o que fai a xente para gozar do seu tempo de lecer e farao escapando sempre da afastada sombra do aburrimento. Pero, para pasar a gusto o tempo libre, outros teñen que traballar arreo. O espazo da TVG curioseará detrás das cámaras dunha das series que máis entretén os galegos.

Ademais, “Somos Ben Curiosos” constatará o feito de que cada un se divirte como quere, ben sexa tocando música entre amigos ou ben directamente no seu lugar de traballo. O importante será atoparlle o punto ao noso lecer e non deixar pasar a oportunidade de apuntarse a todo aquilo que nos saque da rutina.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: