CRTVG

Buscar

Sen fronteiras

A Pontenova / Ponte de Lima

20/02/2021 20:30 h

Beatriz e Javier serán teletransportados esta semana a lugares que descoñecen. Beatriz chegará á vila galega de A Pontenova e Javier a Ponte de Lima, histórica localidade portuguesa. Beatriz coñecerá as particularidades dun lugar cun pasado mineiro e probará as famosas troitas do río Eo. Javier visitará algúns dos principais encantos de Ponte de Lima, o museo do viño, o museo do xoguete ou a estatua que conmemora a súa festa máis importante, a Vaca das Cordas. Aproveitando a lenda romana do río Lethes tanto Beatriz como Javier poñerán en práctica a maxia de cruzar un río de costas.

Atopar capítulo por: