CRTVG

Buscar

Por algo será!

Os grelos

11/05/2016

Adoitamos pensar que só hai grelos nunha época do ano, para darlle ao caldo e ao cocido. Pero noutras partes do mundo é costume tomalos crus. En Galicia, en cambio, optamos por cocelos, metelos en latas e envialos polo mundo adiante.
Na Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), os espectadores coñecerán a Elena Cartea, xefa dun equipo que leva anos estudando as propiedades nutritivas e medicinais do grelo, o brócoli e semellantes.
A seguinte parada do espazo divulgativo da TVG será en Monforte, onde Bea Campos aprenderá, coa axuda do chef Martín Mantilla, a facer un sushi de grelo.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: