CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

Feas as anguías? Pero se son moi ricas!

22/10/2017 15:45 h

Rivadulla Corcón lévanos ao porto de Arcade. Peixes ben curiosos as anguías, crese que nacen, desde hai uns 140 millóns de anos, no mar dos Sargazos, situado na zona das Illas Bermudas, no Atlántico, e viven unha gran parte da súa vida en río, indo ao mar para aparearse. Por iso, o frecuente é pescalas preto da desembocadura dos ríos, como en Arcade, na desembocadura do río Verdugo. 

David Seoane é un dos pescadores que capturan a anguía coa arte do butrón, un tipo de nasa específico para a captura deste peixe. O equipo do programa sae ao mar con Tania e o seu pai Carlos Fernández, para coñecer in situ a pesca da anguía. Rita Míguez, patroa maior e presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, comenta os retos da asociación, entre eles, a visibilización das mulleres que traballan no mar.

Manuel Fernández compra e distribúe anguía de Arcade por toda España e Portugal e quen sabe de construír butróns é Begoña Barbosa, a muller de Carlos Fernández. Jacobo Martínez cociña anguías de tres formas distintas. É o propietario e cociñeiro do restaurante A casa do muelle, situado no propio porto de Arcade.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: