CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 1: O milagre de Santo Antoniño de Louredo

15/01/2008

Fai poucos meses que Horacio Casares rematara os seus estudios de teoloxía e ordenárase sacerdote.

O soño de Horacio era ir a Ruanda, e cando estaba a piques de cumprilo, recibe unha chamada urxente do seu bispo. Precísao para cubrir unha vacante na súa Galicia natal. Horacio, como bo sacerdote, ha de aceptar as consideracións dos seus superiores de envialo a Santo Antonio de Louredo, unha pequena vila costeira ao final dunha longa e sinuosa estrada, a substituír a un vello cura, que levaba toda a vila alí e comeza a ter problemas da idade.

E, collendo un autobús, o padre Horacio Casares emprende o camiño. A súa chegada a Louredo coincidirá coa festa patronal de Santo Antón Abade, unha ancestral celebración que culmina co lanzamento dun porco desde o alto do campanario.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: