CRTVG

Buscar

Os días de Suso

A recuperación de Nuka / Invento para salvar unha vaca / Salvando o porquiño Lazarito

03/07/2013

Suso terá un novo reto na casa. O veterinario decide aproveitar o día para facer un cruzamento de coellos, algo máis complicado do que parece. Na casa tamén segue ingresada Nuka, a cadeliña. A pesar de que Nuka ten dono, leva tanto tempo sendo unha máis da familia que Pilar está a amosar demasiado afecto como para devolvela. O emisario do dono, Fernando, terá un papel fundamental para que poida quedar na casa. Ademais, Suso botará man dun singular invento que agocha no seu coche e que preparou co seu amigo José para salvar unha vaca.

 Por último, Suso enfrontarase a un dos retos máis grandes da súa vida na casa de Isabel. O porco Lazarito, cuxa vida está pendente dun fío, terá no veterinario a única esperanza para evitar unha morte segura.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: