CRTVG

Buscar

Os Axóuxeres

Pintamonas

25/06/2019 10:44 h

"Os Axóuxeres" son unha familia divertida de monecos que vive encol dunha mesa no dormitorio dun neno formada polos pais, Lúa e Antón; tres fillos, Iria, Xan e Pelouro; un amigo dos rapaces, Moncho, e R01 "Roi", un extraterrestre acabado de chegar á Terra. Trátase dun grupo divertido cuxos xogos e cancións están dirixidos aos máis pequenos da casa para que, na compaña dos seus pais, se desenvolva a súa creatividade e disfruten coa lingua galega. A serie está orientada ás familias e recolle en cada programa unha gran variedade de contidos que van dende os xogos clásicos de debuxar unindo puntos, facer monecos con follas de papel, xogar as adiviñas, facer sombras chinesas, escaleiras de palabras encadeadas, a outros mais novedosos como facer monecos con globos, disfrazarse con pinturas, adiviñar os sons ou debuxar con letras, anacos de tea, de plantas e ata con area da praia. Algunhas destas actividades pódenas facer os nenos sós e outras requiren da participación dos adultos. Ademais, con cada un destes xogos aprenden palabras novas ao tempo que se divirten. Ao longo da serie van aparecendo nove videoclips con música orixinal apropiada para esta idade.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: