Ondas novas
Programa 8: Moura e Xisco Feijoó
08/06/2023 00:10 h
Moura é un grupo de rock progresivo que a raíz das súas vivencias no rural galego comezou a integrar a música tradicional conseguindo un estilo único e peculiar.
Xisco Feijóo é un habitual da escena tradicional galega dende hai trinta anos. Con todo non foi ata o ano 2021 cando decidiu dar un paso para facer a súa carreira en solitario.
Ambos artistas atópanse na terceira parte do programa, comparten dúas interpretacións e danlle renda solta á súa retranca.