CRTVG

Buscar

O sal da terra

Borxa ou Chema?

02/05/2017 23:30 h

Berto volve alterar a vida de súa nai organizando unha partida de póker na casa. Carmela atoparase coa sorpresa no salón xa que, en lugar de pedirlle permiso de forma axeitada, o seu fillo aproveitou para dicirllo nun momento en que estaba case durmida.
Mentres tanto, Manolo toma o mando dos fogóns e prepara unhas deliciosas ameixas con algas. A súa aventura culinaria non queda aí, e decide facer outra receita co peixe que atope na Praza de Abastos da Pobra. Aínda fará outra saída, á Casa das Camelias, para coñecer a enorme variedade de especies que alberga e recoller unhas flores para Carmela. Ela, pola súa parte, seguirá amosando a súa habilidade coas manualidades, deseñando un cacto decorativo con pedras e area.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: