CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

En Alemaña, Andorra, Italia, Francia e con Lucía Pérez en Oviedo

21/06/2016 22:30 h

O presentador Rodrigo Vázquez, viaxará ata Oviedo, en Asturias, para coñecer como é unha xornada na vida de Lucía Pérez, a famosa cantante do Incio.
“O país máis grande do mundo” terá tamén neste último programa unha sorpresa moi especial desde París. Irene Castelos, unha moza galega que traballa na capital francesa, leva ano e medio sen ver os seus pais e o programa traeraa para facer un encontro sorpresa con eles.
A reporteira Aida Bao estará desta volta en San Sebastián, un dos destinos históricos da emigración galega. Alí coñecerá o presidente da Casa de Galicia, Xoán Alonso, un galego que compaxina o seu cargo na asociación coa súa afección pola música, xa que toca e compón cancións en galego xunto ás súas fillas.
Pola súa parte, Olalla Vaamonde viaxará a Andorra para entrevistar a Antonio Iglesias, un galego que leva 37 anos alí e que ten a honra de ser o promotor da colocación dun cruceiro na capital do Principado, Andorra La Vella.
Elena Mareque viaxará preto de Milán, concretamente a Gallarate, para coñecer a Begoña Rey, unha muller de Arteixo cunha fantástica historia vital.
O programa estará tamén en Düsseldorf con Vanesa, unha santiaguesa que leva vivindo 5 anos alí e ten 2 fillos e outro en camiño. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: