CRTVG

Buscar

O clan das mariñeiras

O soño de Lorena Lamelas, mariscando o milagre do Barqueiro

16/01/2022 12:15 h

As mariscadoras do barqueiros son artífices dun dos milagres máis destacados das últimas décadas da cultura mariñeira. Cun problema xerado pola introdución de ostra rizada, especie foránea, que se apoderou do espazo mariño desprazando á ameixa, foron quen de convertelo na solución a súa supervivencia.

Hoxe a ostra rizada é o seu recurso principal. E mariscadora no Barqueiro é Lorena Lamelas. As mariscadoras chegan á zona marisqueira, onde teñen en viveiros as ostras. Aquí as gardan despois de apañalas para agardar a demanda dos compradores, e hoxe é un día en teñen que levar ostra a un comprador.

E aquí empeza o traballo que será duro, pois terán que clasificalas, e preparalas para o transporte para entregar ao comprador. E hoxe en concreto o día vai complicarse máis do esperado

Atopar capítulo por: