CRTVG

Buscar

O agasallo

Concurso solidario 'O agasallo'

06/01/2017 19:15 h

O día de Reis, a Televisión de Galicia estrea o concurso solidario de Nadal “O Agasallo”. O presentador, Víctor Grande, percorre a rúa Príncipe de Vigo, acompañado do paxe carboeiro representado por David Perdomo, para que os viandantes participen. Os premios e regalos recadados polos concursantes serán entregados á campaña “Sorrisos por Tiritas” da Asociación Berce, un proxecto que pretende facer máis levadía a estancia dos cativos nos hospital Álvaro Cunqueiro. Ademais, “O Agasallo” fai un repaso do que foron as festas a través do concurso, do humor e de pequenas pezas coma enquisas que mostras as preferencias dos galegos no Nadal, ou divertidas panxoliñas versionadas con instrumentos de xoguete.   

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: