CRTVG

Buscar

Na nosa nube

Preparando o Nadal, con Jorge Baliña, Manuel Villar e Moncho Borrajo

21/12/2014 17:00 h

O programa “Na Nosa Nube” xira arredor do Nadal. Silvia Jato fala con Jorge Baliña, un home de Monforte de Lemos que é o oficial máis condecorado pola ONU e que pasou moitos Nadais fóra da casa e arriscando a vida. Estivo en Angola, Timor Oriental, Nepal, Israel..., países en conflito onde fixo tarefas de reconstrución da vida civil poñendo en marcha xulgados, hospitais ou escolas.

 

O espazo da TVG tamén recibe a visita de Manuel Villar, o propietario dunha das xogueterías máis antigas de Compostela, que explicará as diferenzas entre os xoguetes de hoxe e os de onte. O programa tamén lembrará como eran eses vellos xoguetes da man dun experto coleccionista. 

 

Outro convidado é Moncho Borrajo, un dos grandes artistas galegos, un home polifacético que o mesmo fai humor que escribe, canta ou pinta. Borrajo falará da súa traxectoria humana e profesional e os espectadores terán ocasión de gozar de toda a súa arte.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: