CRTVG

Buscar

Miña nai

Programa 13: Marga, María e Marina

22/07/2014 00:50 h

Unha das historias será a de Marga, que sempre se caracterizou por ser unha muller independente, por iso, ter sido unha das primeiras mulleres policías de Vigo non foi por casualidade. Ela soa sacou adiante os seus fillos, pero a maior loita que tivo que afrontar non foi nas rúas patrullando, senón na súa propia casa, cando os seus dous fillos caeron nas drogas sendo adolescentes.

Quedar embarazada de Samuel foi unha das maiores alegrías de María, a seguinte protagonista. Viviu o seu embarazo con moita ilusión, pero tamén con moita incerteza, xa que nunha das primeiras revisións xinecolóxicas detectáronlle un problema que lle afectaba ao normal crecemento do feto e que no futuro tamén lle afectaría ao normal crecemento do bebé que agardaba.

Por último, os espectadores coñecerán a historia de Marina. Para ela, o 17 de setembro de 2002 é unha data imborrable, xa que é o día que desapareceu o seu fillo Daniel, que padecía constantes ataques de epilepsia e que hoxe en día tería 40 anos. 12 anos despois, Marina segue vivindo coa mesma angustia esta situación.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: