CRTVG

Buscar

Milenio

Tras as pegadas do Apóstolo / O legado templario

06/03/2020 00:30 h

O Apóstolo Santiago é o personaxe máis relevante da tradición galega. Centos de miles de persoas peregrinan a súa tumba cada ano e moitos deles percorren os lugares onde o discípulo de Xesús deixou a súa pegada. No primeiro treito de "Milenio" percorremos os enclaves senlleiros vinculados coa prédica do apóstolo e co traslado do seu corpo, nos que fontes, pedras e incluso leiras son consideradas santas pola bendición de Santiago.

Na segunda parte do programa iremos na busca do legado dos cabaleiros máis enigmáticos da Idade Media: os Templarios. Visitaremos os lugares onde deixaron a súa pegada, coñeceremos as reliquias bíblicas que trouxeron desde Terra Santa e veremos cal foi o legado -material e inmaterial- que deixaron en Galicia.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: