Na mariña de Lugo hai dúas vilas que manteñen certas desavinzas: Cervo e Burela. A singularidade destes concellos é que ambos formaban parte dunha mesma entidade ata que no ano 1995 Burela promoveu un proceso de segregación. Influíu este acontecemento nas relacións entre os veciños? Existe rivalidade ancestral ou son máis os elementos que unen ca os que separan?
No seu afán por contribuír ao entendemento entre as xentes, o presentador Víctor Fábregas indagará nos aspectos máis singulares desta suposta rivalidade .
Valoración
