Heroes do Orzan:
D. Javier López López, D.Rodrigo Maseda Lozano e D. José Antonio Villamor Vázquez.
Ao longo da súa breve pero intensa traxectoria como policías nacionais, destacaron pola súa rigorosa e estrita profesionalidade, cumprindo en todo momento cos labores e obrigas dos seus cargos.
Esta traxectoria culminou na madrugada do 27 de xaneiro cando perderon a vida nos labores de rescate dun estudante eslovaco que non podía saír do mar embravecido da Praia do Orzán, na Coruña.
Estas tres persoas son o exemplo do que supón levar ata o extremo a vocación de servizo e a xenerosidade.
Por tan heroica intervención máis aló do deber, o Ministerio do Interior condecorounos coa máxima distinción do Corpo Nacional de Policía.
Milladoiro:
Grupo de música folk e de música celta que naceu a finais dos 70 da unión da formación tradicional Faíscas do Xiabre -integrada por Xosé Ferreirós, Nando Casal e Ramón García Rei-, cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní.
Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia:
O ano pasado fixéronse 180 anos do establecemento da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, que tivo lugar o 7 de xuño de 1831 en Santiago de Compostela, aínda que a súa creación fora aprobada por un real decreto de Fernando VII o 28 de agosto de 1827. O 18 de xullo de 1833, a Real Academia trasladouse á cidade da Coruña, onde se mantén ata a actualidade.
