Todo Portozás está brindando pola inversión que acaban de facer. Portozás vaise converter nunha vila famosa. Todos menos a tía Visitas, que tivo unha visión dun desastre e non pode parar de chorar. Anselmo vai vela pero non sabe que lle pasa. Mangüi, Laura e Fito comezan a preocuparse porque saben que algo terrible se aveciña.
No Concello tamén están moi felices pero María descubre un problema, cando quere acceder á conta bancaria onde están os cartos non pode. Chaman ao banco e coñecen a fatídica noticia, Telemark xa non existe, e non saben onde están os cartos. Viriato e Odilo brindan pola súa victoria e cítanse nas illas Caimán para vivir sen dar golpe o resto das súas vidas.
A noticia fai que todo Portozás se poña en contra de María: pensan que é unha estafadora porque ela foi a única que non perdeu nada. Ademais xente da vila está arruinada. Rosa tamén é repudiada, pois os mariñeiros quedaron sen os fondos da Confraría. Carlos decide saír da caravana e marchar con Rosa fóra de Portozás, xa que non soporta ver como a xente lle torce a cara á súa moza. Petróleo vai volver ás plataformas petrolíferas para poder xuntar cartos e Belinda queda desfeita. Mangüi e Áurea teñen que volver empezar de cero. Os únicos que levan mellor o golpe son Celia e Ramón, que seguen xuntos e aguantan todo. A que peor está é María, non pode sair á rúa sen que a insulten e non sabe que facer.
Viriato téndelle unha man a María e dílle que as vai sacar de alí a ela máis a Iria. María, sen saber que Viriato é o responsable da ruína de Portozá,s marcha con el no seu coche.
