CRTVG

Buscar

Maniotas

Maniotas (12/05/2012)

12/05/2012 19:15 h

Achegar os valores e beneficios da práctica deportiva na vida, reflectindo situacións tanto divertidas coma emotivas mediante os seus protagonistas, é o obxectivo de “MANIOTAS”, un espazo dirixido a toda a familia para transmitir o importante papel que o deporte e a relación entre as persoas teñen na sociedade.

   Os protagonistas destas historias son xente disposta a mover as pernas e o corazón, relacionada con distintas disciplinas deportivas, desde as máis populares e  modestas ás máis orixinais; colectivos ou individuos que ofrecen aos telespectadores a oportunidade de coñecer as situacións máis curiosas, emotivas e sorprendentes para superarse.

   Na primeira historia de hoxe poderemos seguir con Marco o innovador deporte do canicross, que practica xunto á súa cadela Hera, consistente en correr ao mesmo tempo a persoa e o can, pero non de calquera xeito, senón a través do monte atados o un ao outro. Marco amosaranos todos os segredos desta modalidade paseando polos máis fermosos lugares de Boiro.

   O programa tamén seguirá a Tamara, unha aplicada estudante na elite da ximnasia rítmica, tanto, que namentres vai a adestrar aproveita para repasar as leccións, xa que forma parte do equipo de “Maniotas”, club de recoñecido prestixio co que competiu no campionato de España.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: