Lixo ou tesouro
Programa 8
05/12/2023 22:45 h
Carmen e Ana, unha fantástica parella de amigas, ambas profesoras de música, que se coñeceron na facultade hai máis de 10 anos, adéntranse no fascinante mundo dos obxectos misteriosos. O seu desafío está claro: seleccionar o máis valioso dunha variada colección de doce obxectos entre os que poderemos atopar unha Barbie, uns prismáticos ou unha gaita entre outros.