Libro de familia

Capítulo 319 (último): "Adeus"

12/05/2013 - 22:30 h
Compartir en Facebook

 Todas as incógnitas desta trama de poder, amor e humor, resólvense no último capítulo. María perdeu o neno e non quere volver ver a Marcos, pero cando vai xunto a Óscar, ambos os dous dubidan de se haberá algún xeito de poderen estar xuntos.
 
Pola conversa que escoitou, Deli pensa que o seu home vai morrrer, pero o certo é que aínda non recibiu a noticia de se o tumor de Freire é benigno ou maligno. Pola súa parte, Ramón pensa que ten todo baixo control, pero con Álvaro esperto e sen conseguir poñerse en contacto con Lupe, só hai tempo para unha medida desesperada.

 Mentres, Milucho e don Venancio concordan que, sen granxa, Santalla perderase no esquecemento, coma tantas pequenas vilas de Galicia. Se cadra chegou o momento de que Pepe, Carmiña e Elvira busquen o seu futuro noutro lugar.

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.