Larpeiros

Peixe con crema / Raia con espinacas

15/05/2013 - 22:15 h
Compartir en Facebook

Nova velada gastronómica cos “Larpeiros” da Televisión de Galicia. Hoxe, Leni sorprenderá os comensais cunhas espinacas recollidas por ela mesma. A raíz desta sorpresa xurdirá unha conversa sobre moitas cousas que se poden facer coas espinacas: minestras, purés, revoltos, gratinados...

Tras esta conversa, Benigno fará unhas espinacas acompañando un bo guiso de raia. Para mercar este peixe, Adrián irá ata Bueu, onde o espera Olegario para mostrarlle todos os segredos da pesca da raia con miño, e o máis importante, como distinguir no mercado unha raia de primeira. 

A festa gastronómica desta noite completarase coa sobremesa de Merchi e Leni, que farán un peixe de crema. 

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.