CRTVG

Buscar

Land Róber

Land Róber. Especial 2 (08/12/2011)

08/12/2011 22:15 h

 É posible reunir nunha soa noite as mellores escenas e momentos humorísticos que nos ofrece o reparto do humor á galega? Pois iso é o que vai suceder esta noite, da man dunha edición especial de “Land Rober”, para non esquecer o sorriso cando máis o necesitamos e para seguir gozando de dúas horas de espectáculo familiar.

   O estudio humorístico, co máis puro humor feito por nós, unha das claves do seu éxito, volverá repartir boas doses de entretemento e diversión, nesta ocasión coas actuacións musicais e os artistas máis variados, que sempre terminan, dun xeito ou doutro, por implicarse no espectáculo. Así, poderemos ver como King África fai de chocolateiro e de mexicano na parodia de “Shériff Bill”; como as Supremas de Móstoles se exercitan co test musical de Manolito “The Fisherman” e como a cantante Edurne está “colgada nas nosas mans”, grazas á parodia que fai Roberto Vilar do tema de Baute.  

  Outros dos momentos máis divertidos do programa reflectirán o sketch do presentador Fran Iglesias sobre o concurso “Quero ser millonario”; as mellores parellas do concurso “Media castaña” e o vídeo musical “Waka Waka tráfico”, un dos éxitos das redes sociais.

 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Atopar capítulo por: