Imos navegando
Imos navegando 9: Con David Amor
28/05/2022 20:00 h
David Amor vén cargado de enerxía desde ben cedo para facer co noso presentador Rubén Prieto a primeira etapa de río do Imos Navegando. Primeiro en catamarán, e logo en furgoneta, fan xuntos a etapa que une A Guarda con Salvaterra. David, que coñece ben esta zona porque naceu ben preto, en Salceda de Caselas, fala de infancia, de traballo, e sincérase con nós.